Tuesday 16 de April de 2024

O Club de Xubilados de Lousame organiza unha excursión ao Balneario de Cuntis o mércores 28 de decembro


O Club de Xubilados de Lousame, en colaboración co Concello de Lousame, organiza unha excursión ao Balneario de Cuntis, que terá lugar na tarde do mércores 28 de decembro. Unha viaxe que ten un custe de 22 euros e para o que están abertas as inscricións no teléfono do Club de Xubilados: 6653 22 16 55.

O prezo inclúe o desprazamento en autobús e unha entrada de 2 horas ao Acquaform, un circuíto lúdico-termal que permite combinar os beneficios terapéuticos das augas do Balneario de Cuntis, que lles permitirán aliviar tensións musculares con chorros e cuellos de cisne, ou relaxarse deitado nunha cama de masaxe ou eliminar toxinas nas súas distintas saunas.

A expedición sairá de Lousame en autobús a iso das 15:45 horas, recollendo ás persoas participantes polas súas parroquias. Para participar, ademais de inscribirse, é fundamental levar toalla, traxe de baño, chanclas e gorro.